Reumappa, un proxecto da Liga Reumatolóxica Española para a localización de recursos disponibles no manexo de Enfermidades Reumáticas

08-04-2016
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

Dende a Liga Reumatolóxica Española, Asociación contra o Reumatismo (LIRE) estase a desenvolver un novo proxecto, Reumappa, orientado á creación dunha app cun mapa interactivo que permite tanto a pacientes como a profesionais ubicar con facilidade os recursos (profesionais, asistenciais ou de instalacións) dispoñibles para o manexo das enfermidades reumáticas nunha área xeográfica determinada.

Na seguinte ligazón, podedes ve-lo desenvolvemento do proxecto: http://www.lire.es/proyectos-lire/mapa-de-recursos/

As patoloxías reumatolóxicas constitúen un dos campos de actuación nos que a Fisioterapia desenvolve un papel fundamental, polo vos animamos a introduci-los vosos datos na aplicación xa dispoñible en http://reumappa.es (tardaredes poucos minutos) e formar parte desta interesante iniciativa. En breve estará dispoñible para soportes móviles IOS e Android.

Acceder a la noticia
Esta página web usa cookikes
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Puedes obtener más información aquí: Más información